Подтвердите e-mail

Для публикаций, комментариев, реакций и сообщений подтвердите адрес.

Профиль

Nós Diario - Xornal de intereses galegos [Unofficial]

Профиль Vively

Nós Diario - Xornal de intereses galegos 🌉 bridged from 🌐 https://nosdiario.gal/: https://fed.brid.gy/web/nosdiario.gal

Adega denuncia que a emerxencia cinexética decretada pola Xunta da Galiza responde á "aparencia política" e non a criterios científicosAdega critica a emerxencia cinexética decretada pola Xunta para controlar a poboación de xabaríns durante o período 2026-2027 ao considerar que carece de base técnico-científica e incrementa os riscos para a seguridade no monte. A organización ecoloxista reclama un plan integral de xestión da especie e acusa o Goberno galego de repetir medidas que, ao seu xuízo, demostraron ser ineficaces.www.nosdiario.gal
020
Máis de 3.000 sinaturas contra o Polígono Industrial de LavacollaA veciñanza da parroquia da Sabugueira acordou manter unha fronte común contra o Proxecto de Interese Autonómico (PIA) do Polígono Industrial de Lavacolla, ao considerar que supón un forte impacto sobre o territorio e carece da xustificación necesaria. A plataforma destaca, ademais, o apoio do informe de ICOMOS España e asegura que xa reuniu máis de 3.000 sinaturas en contra da iniciativa.www.nosdiario.gal
000
Antisionismo non é antisemitismo: Mar de Lumes celebra o arquivo da causa contra Bruno LopesO Tribunal de Instancia de Ferrol acordou o sobresemento libre e o arquivo da causa contra Bruno Lopes Teixeiro, investigado por un suposto delito de odio polas súas publicacións nas redes sociais en defensa do pobo palestino. O auto conclúe que as mensaxes teñen un carácter político e antisionista, non antisemita, e considera que están amparadas polos dereitos á liberdade de expresión e á liberdade ideolóxica.www.nosdiario.gal
000
A Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova de Arousa obtén a declaración de Festa de Interese Turístico NacionalA Secretaría de Estado de Turismo oficializou a concesión do título de Festa de Interese Turístico Nacional á Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova de Arousa. A declaración, publicada esta segunda feira no Boletín Oficial do Estado (BOE), recoñece a relevancia turística dun dos eventos gastronómicos das Rías Baixas.www.nosdiario.gal
000
Paderne fecha o acceso á praia da Xurela polo risco de derrubamento da pasarelaO Concello de Paderne instalou un valado de seguridade e cartaces de advertencia no acceso á praia da Xurela, no lugar de Insua, tras detectar un risco de accidente na pasarela de formigón e nas escaleiras que conducen ao areal.www.nosdiario.gal
000
Tres días de música para celebrar a XXII edición do Castelo Rock en MurosO Festival Castelo Rock celebra desde esta quinta feira e até o sábado a súa XXII edición cunha programación que levará concertos gratuítos ao centro histórico de Muros e actuacións no recinto principal da Praza do Mercado. O evento reafirma así a súa aposta por un modelo de festival de proximidade, integrado na vila e vencellado ao comercio e á vida local.www.nosdiario.gal
001
Un incendio en Palas de Rei queda estabilizado tras calcinar unhas 20 hectáreasO incendio forestal declarado na tarde do domingo na parroquia de Cuíña, no concello de Palas de Rei, quedou estabilizado arredor das 10.47 horas deste domingo tras calcinar arredor de 20 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais da Consellería do Medio Rural. No operativo de extinción participaron medios terrestres e aéreos para conter o avance das lapas.www.nosdiario.gal
000
Todo o que debes saber para ver a eclipse do 12 de agostoA eclipse comezará arredor das 19.31 horas, alcanzará o seu máximo entre as 20.28 e as 20.30 e rematará pouco despois das 21.20. A faixa de totalidade atravesará 143 concellos, mentres no resto do país o Sol ficará case completamente oculto, mais sen chegar á fase total.www.nosdiario.gal
000
Massive Attack denuncia que a Policía de Singapur retivo e interrogou toda a banda tras exhibir a bandeira palestina nun concertoO grupo británico asegura que os seus integrantes foron illados e interrogados por separado despois do concerto ofrecido o 29 de xullo no Star Theatre. Algúns membros sufriron rexistros nos cuartos do hotel e a confiscación temporal dos pasaportes.www.nosdiario.gal
000
Catoira revive nas Torres de Oeste a súa resistencia contra os viquingosA recreación do ataque normando ás Torres de Oeste volveu reunir este domingo milleiros de persoas nas beiras do Ulla. O desembarco constitúe o momento central dunha Romaría Viquinga que se prolonga durante máis dunha semana con música, teatro, deporte e propostas culturais.www.nosdiario.gal
010
Persoal do sector vitivinícola reclama en Cambados un novo convenio tras doce anos sen actualizarUnha trintena de persoas concentrouse durante a Festa do Albariño para exixir á patronal a negociación inmediata dun novo convenio colectivo e denunciar a precariedade laboral e salarial no sector.www.nosdiario.gal
020
A República Democrática do Congo afronta o maior foco de ébola da súa historiaA epidemia deixa xa 1.587 persoas falecidas e máis de 3.600 casos confirmados. A OMS advirte dunha transmisión sostida e reclama ampliar de inmediato a resposta de emerxencia ante o risco de propagación a novas zonas.www.nosdiario.gal
010
Milleiros de persoas gozaron dun SonRías Baixas referencial a nivel galego e internacionalBueu acolleu unha nova edición do festival SonRías Baixas que, integrado na natureza, economía e cultura locais, é referencia alén do Morrazo e da Galiza, atraendo un público interxeracional, local, galego e internacional. Ante os dous escenarios do evento congregáronse milleiros de asistentes que puideron gozar dunha programación rock, pop e electrónica durante os tres días do festival da man de grupos como a banda do Morrazo Quinkillada, que deu inicio ao programa do sábado, ou a catalá La Pegatina, que foi botando o feche ao evento con música e cor.www.nosdiario.gal
000
O BNG denuncia "máis un acto de galegofobia" do Concello de VigoO BNG de Vigo reclama ao Goberno municipal de Abel Caballero que rectifique o vinilo instalado na rúa Pintor Colmeiro, cuxos textos sobre a vida e a obra do artista están redactados integramente en español.www.nosdiario.gal
042
O PSdeG acusa Rueda de "estender a alfombra vermella" á ultradereitaA secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, critica que o presidente da Xunta da Galiza avale futuros pactos entre o PP e Vox e acúsao de actuar como "xefe de campaña" de Alberto Núñez Feixoo en lugar de centrarse nos problemas da Galiza.www.nosdiario.gal
020
O número de persoas falecidas na crise migratoria de Ceuta sobe a 72O delegado do Goberno español en Ceuta critica a chegada á cidade de "grupos de extrema dereita" que aproveitaron a situación para "sementar odio, división e medo".www.nosdiario.gal
010
A Xunta "oculta" os informes que poderían contradicir o seu plan para a linguaO BNG pide coñecer os informes elaborados e a identidade das persoas expertas que participaron na actualización do Plan Xeral de Normalización Lingüística. Denuncia a "opacidade" da Xunta e recorre ao artigo 9 do Regulamento do Parlamento para acceder á información.www.nosdiario.gal
021
Once persoas feridas nun incendio nun edificio da CoruñaAs persoas afectadas tiveron que ser trasladadas ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. O lume obrigou a desaloxar de madrugada o inmóbel e puido ter a súa orixe nun patinete eléctrico.www.nosdiario.gal
010
O xuízo da 'Kitchen': catro meses, cen testemuñas e a dúbida de se foi "espionaxe" ou unha operación policial legalAs acusacións sosteñen que o Ministerio do Interior impulsou un operativo parapolicial para retirar a Luis Bárcenas información comprometedora sobre o PP, mentres as defensas afirman que se tratou dunha operación policial legal para localizar cartos e testaferros do ex tesoureiro.www.nosdiario.gal
030
Unha mobilización multitudinaria clama en Verín contra o deterioro da sanidadeA manifestación reuniu arredor de 12.000 persoas segundo a organización e máis de 6.000 segundo Protección Civil. A marcha reclamou recuperar especialistas, reactivar a Hospitalización a Domicilio e reducir as listas de espera no Hospital Público de Verín.www.nosdiario.gal
063
Показать ещё