Un incendio en Palas de Rei queda estabilizado tras calcinar unhas 20 hectáreasO incendio forestal declarado na tarde do domingo na parroquia de Cuíña, no concello de Palas de Rei, quedou estabilizado arredor das 10.47 horas deste domingo tras calcinar arredor de 20 hectáreas, segundo as últimas estimacións provisionais da Consellería do Medio Rural. No operativo de extinción participaron medios terrestres e aéreos para conter o avance das lapas.www.nosdiario.gal